Curso de Inglés para xoves
A Casa da Xuventude de Lalín ofrecerá un curso de inglés práctico para xente xove co fin de mellorar os coñecementos da lingua inglesa fundamentalmente na expresión oral e na comprensión auditiva. O curso está dirixido a xoves de entre 18 e 35 anos. Máis información na Casa da Xuventude de Lalín e na OMIX.











