Curso de Información xuvenil na área de educación no Espazo Xove de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocalXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Información xuvenil especializada na área de educación no Espazo Xove de Carballo,  dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade os destinatarios indicados anteriormente.

Número de horas: 30 h.

Nº de prazas: 30.

Contidos:

Estrutura da información xuvenil xeral e especializada.
A información xuvenil no ámbito educativo.
Busca e síntese monográfica da información xuvenil.
Estudos no ámbito da información xuvenil.
A información xuvenil noutras comunidades autónomas

Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade a distancia, con exame final presencial.

Datas de realización: do 13 ao 31 de maio de 2013.

Exame final presencial: venres 31 de maio, ás 12.00 horas, no Espazo Xove de Carballo.

Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do luns 6 de maio de 2013.

19 de abril de 2013 | 09:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.