Curso de Desenvolvemento Comunitario no Espazo Xove de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurenseXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado  convoca un curso de Desenvolvemento Comunitario no ESPAZO  XOVE DE OURENSE, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2013.

Obxectivos: Proporcionarlle  uns coñecementos básicos sobre  proxectos de intervención e recursos no desenvolvemento comunitario, dirixido as mozas e mozos interesados na temática.

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade os destinatarios indicados anteriormente.
Número de horas: 80 horas.
Nº de prazas: 25.

Contidos:

• Intervención comunitaria.
• Desenvolvemento de proxectos de intervención comunitaria.
• Recursos no desenvolvemento comunitario.

Metodoloxía: O curso realizarase na modalidade a distancia, con un exame final presencial que terá lugar no Espazo Xove de Ourense.

Datas de realización: O curso desenvolverase do 3 de maio ao ao 27 de xuño 2013..

Exame final presencial:  O exame final terá lugar o 27 de xuño ás 11:30 no Espazo Xove de Ourense.

Prazo e lugar de inscrición:
O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do xoves  25 de abril.

10 de abril de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.