Curso de Celga 3 de galego no Concello de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+

O pasado luns 1 de abril comezou na casa de cultura de Ponte Caldelas o curso de Celga 3, de  galego organizado polo departamento de Desenvolvemento local do concello de Ponte Caldelas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística ó abeiro da Resolución do 27 de decembro de 2012, publicada no DOG nº4, do luns 7 de xaneiro de 2013.

O citado Curso de Celga 3 impartirase de luns a xoves en horario de 20:00 horas a 22:00 horas, dende o 1 de abril ata cumprir coas 70 horas de formación estipuladas na Resolución. Citar que a asistencia a estes cursos non da dereito a diploma debido ós cambios a nível de política lingüística que presentan estas actividades formativas como unha preparación de cara ás dúas convocatórias de exame establecidas en xuño e novembro, para as cales os interesados deberán matricularse individualmente e pagar as correspondentes taxas. O prazo de presentación da solicitude para a realización do exame en xuño é o 8 de abril.

Cabe destacar a gran acollida por parte dos pontecaldelenses que, a pesar do horario, perseguen na formación na lingua  galega diferentes intereses coma os de acadar un diploma que serva a nivel de oposicións, recordar e mellorar os coñecementos do noso idioma ou, no caso de fillos de emigrantes retornados, adquirir coñecementos da gramática desta lingoa.

O Concello pretende achegar este tipo de cursos ós interesados no estudio da lingoa galega a fin de que non teñan que desprazarse a outros municipios para obter os diplomas que acrediten os seus coñecementos.

4 de abril de 2013 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.