Curso de animación de lecer e tempo libre no Espazo Xove de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocalXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o curso de Animación de lecer e tempo libre no ESPAZO XOVE DE BETANZOS, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2013.

Obxetivos: Proporcionar aos participantes uns coñecementos básicos sobre  a pedagoxía e recursos do lecer e tempo libre as mozas e mozos interesados no tema.

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade os destinatarios indicados anteriormente.

Número de horas: 80

Número de prazas: 30

Contidos:

– Pedagoxía do lecer e do tempo libre.
– Desenvolvemento de proxectos de lecer e tempo libre.
– Recursos de lecer e tempo libre.

Modalidade: O curso realizase na modalidade a distancia, con un exame final presencial que terá lugar no Espazo xove de Betanzos.

Datas de realización: do 24 de maio ao 15 de xullo 2013.

Exame final presencial: O exame final terá lugar o 15 de xullo ás 12:00 horas, no Espazo Xove de Betanzos.

Prazo e lugar de inscrición: O prazo de inscrición remata ás 14.00 horas do 9 de maio de 2013.

25 de abril de 2013 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.