Culleredo leva a pleno o regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo propoñerá ao pleno da corporación, que se reúne de forma ordinaria este xoves 25 a partir das 20.30 horas, a aprobación do regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal do Concello. Se trata da regulación dos arquivos, automatizados ou, non que conteñen e procesan datos persoais.

O regulamento determina a finalidade de cada ficheiro, as persoas ou colectivos dos que obtéñense, a súa estrutura e descrición ou o órgano responsable deste. Así mesmo, o texto marca ante que servizos ou unidades pódese exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, e o nivel de medidas de seguridade.

En total, son 16 os ficheiros de datos de carácter persoal que crean con esta proposta do goberno local. Van dende o persoal, aos servizos sociais, o padrón, os rexistros ou a seguridade cidadá.

Certificados electrónicos

Por outro lado, o goberno municipal propoñerá no pleno adoptar un acordo para delegar na Deputación da Coruña a tramitación dos certificados electrónicos. Isto se efectuará mediante unha encomenda de xestión, pola que a institución provincial se encargará das solicitudes de emisión, suspensión e revogación destes certificados.

Os certificados aos que se refire esta encomenda son os de Administración Pública, incluídos na lei 11/2007: de persoal ao servizo da administración, de sede electrónica e de actuación administrativa automatizada (selo electrónico).

A petición de emisión, suspensión ou revogación destes certificados á Deputación será realizada por persoal delegado competente do Concello, utilizando para iso o seu certificado persoal clase 2.

23 de abril de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.