Culleredo leva a pleno a súa entrada na xestora da EDAR de Bens

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo leva ao pleno da corporación, que se celebrará o próximo xoves 25 os trámites necesarios para formalizar a súa entrada na xestora da EDAR de Bens, unha vez recibido un informe xurídico da Xunta de Galicia que propicia á corporación a adopción dos acordos. O devandito informe, emitido pola asesoría xurídica da Xunta, fixa que o Concello ten a competencia para prestar o servizo de tratamento e depuración das augas residuais.

O acordo do pleno consistirá en crear o servizo público municipal de depuración de augas residuais e establecer que a xestión deste se levará a cabo de forma directa pola sociedade mercantil de capital público denominada EDAR BENS S.A. Posteriormente modificaranse os estatutos da empresa, que deben recoñecer a condición de medio propio e servizo técnico do Concello, recollendo o tipo de encomendas que se lle poden encargar á empresa e en que condicións. Desta forma darase cumprimento ao que marca a lei de contratos, que establece que as administracións poderán encomendar a realización dunha determinada prestación a entidades que teñan atribuída a
condición de medio propio e servizo técnico desta, segundo os estatutos.

Así mesmo, outro dos acordos que o goberno local propón adoptar en pleno refírese á adquisición de accións de EDAR BENS S.A. O Concello de Culleredo comprará 80 accións, de 60 euros de valor nominal, que ascende un total de 4.800 euros, o que equivale ao 8% do capital social.

Ademais, o pleno delegará no alcalde o nomeamento dos representantes nos órganos da sociedade, xunta xeral e consello de administración. O rexedor quedará facultado para asinar os documentos necesarios para a execución do acuerdo.Finalmente, o equipo de goberno leva tamén ao pleno a modificación da ordenanza de verteduras, nos aspectos que variou respecto ao texto orixinal.

Desta forma, o Concello de Culleredo cumpre cos trámites acordados co resto de Concellos, unha vez disponse do informe xurídico da Xunta. A secretaría e intervención municipal manteñen o seu informe negativo, o que impediu, ao non contar con outra postura xurídica, tomar estes acordos anteriormente. O Concello de Culleredo aposta pola prestación conxunta do tratamento e depuración das augas residuais na depuradora de Bens e confía en que longo proceso sexa unha realidade inmediata.

19 de abril de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.