Culleredo inicia mañá un obradoiro sobre alimentación para familias e adolescentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O Concello de Culleredo, dentro da liña estratéxica de fomento de hábitos saudables e prevención de trastornos aditivos que sigue a Concellaría de Sanidade, promove o obradoiro titulado “O teu prato de presentación”, no que se abordarán conceptos básicos sobre alimentación e fomento de hábitos saudables.

A iniciativa, dirixida ás familias e aos adolescentes, ten como finalidade a de desenvolver habilidades sociais positivas nos participantes así como a mellora do funcionamento familiar (comunicación, reparto de tarefas domésticas, etc…).

A actividade consta de 5 sesións, eminentemente prácticas, e levarase a cabo os días 30 de abril e o 7,14,21 e 28 de maio, no Centro Municipal de Servizos Sociais de Vilaboa e na cociña do Centro Ocupacional A Escada.

Será impartida por técnicos municipais da área de Benestar Social e contarase coa colaboración dunha persoa voluntaria da Oficina Municipal.

29 de abril de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.