Culleredo e ADICAE celebran un foro hipotecario sobre a problemática da vivenda
O Concello de Culleredo e ADICAE Galicia organizan mañá, xoves 11 de abril, desde as 17.00 horas no Pazo de Villa Melania (Vilaboa) o Foro Hipotecario. Ten o obxecto de informar aos consumidores que podan ter problemas ante a situación actual da vivenda.
A primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, será a encargada xunto con Iria Aguete, coordinadora de ADICAE Galicia, de presentar ás 17.00 horas o foro. Nel intervirán, coa estruturación en varias mesas, persoeiros da política (Francisco Jorquera, José Luis Méndez Romeu, Yolanda Díaz), representantes de plataformas cidadás (STOP Desahucios, Arquitectos sen Fronteiras…) e expertos xurídicos. Todos eles afrontarán a problemática aportando os seus puntos de vista de cómo colaborar cos afectados.
PROGRAMA:
Foro hipotecario: Os consumidores ante os actuais problemas ca vivenda
17.00 Presentación a cargo de Iria Aguete, coordinadora de ADICAE GALICIA e Raquel Jabares, primeira tenente alcalde do Concello de Culleredo.
17.10 MESA 1: A problemática hipotecaria dende o punto de vista político: que poden facer os representantes políticos fronte ós problemas dos consumidores hipotecarios? Preside a mesa: Iria Aguete, coordinadora de ADICAE GALICIA. RELATORES: Francisco Jorquera Caselas – Portavoz do grupo parlamentario BNG no Parlamento de Galicia; José Luís Méndez Romeu – Portavoz suplente do grupo parlamentario PSdG-PSOE no Parlamento de Galicia; Yolanda Díaz Pérez – Portavoz suplente de Alternativa Galega de Esquerdas no Parlamento de Galicia.
18.30 MESA 2: O impacto dos problemas hipotecarios e as posibles vías de mediación extraxudiciais. Preside a mesa: Rocío Sampedro Díaz, concelleira de Sanidade e Igualdade no Concello de Culleredo. RELATORES: Joaquín Díaz González-Dans – Portavoz na Coruña de Stop Desafiuzamentos; Juan Aradas – Membro de Arquitectos sen Fronteiras; Verónica Pazos Sánchez – Técnico de consumo en ADICAE GALICIA; Domingo Bayo Rodríguez – Asesor xurídico do Concello de Culleredo; Representante de Ecos do Sur – ONG, Asociación galega independente de estudios e cooperación co Terceiro Mundo.
19.30 MESA 3: Análise das últimas sentenzas en materia hipotecaria e vías de resolución de conflitos dende o punto de vista xurídico. Preside a mesa: Verónica Pazos, técnica de consumo en Adicae Gali











