Cotobade solicita unha resinalización da estrada N-541 a petición veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeLocalLocal Portada
A-
A+

O alcalde de Cotobade remitiu un escrito ao Xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Pontevedra para facerlle chegar a necesidade dunha resinalización dos núcleos de poboación polos que discorre a estrada N-541 Ourense- Pontevedra ao seu paso polo Concello de Cotobade.

Segundo indicou o rexedor, son moitas as peticións dos veciños das parroquia de Tenorio, Viascón S. Xurxo de Sacos e Sta. María de Sacos sobre a necesidade de nova instalación ou de reubicación da sinalización existente de entrada e saída de núcleo (parroquia).

Adxunto ao escrito, o goberno local de Cotobade achegou tamén  unha serie de  informes que dende a Oficina Técnica Municipal se realizaron sobre a localización das sinais anteriormente mencionadas e así poder contar cunha boa sinalización das parroquias do  concello ao igual que no resto das parroquias que atravesa esta estrada.

16 de abril de 2013 | 15:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.