publicidade hoxe

Cotobade celebra o mes dos libros con diferentes actividades nas bibliotecas públicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCotobadeLocal
A-
A+

19042013-15Como novidade haberá un contacontos en inglés para rapaces de 3 a 7 anos o día 27 de abril na Biblioteca Municipal de Carballedo.

As Bibliotecas Públicas do Concello de Cotobade súmanse ás celebracións do mes do libro e con actividades basadas nos globos e na figura de San Xurxo, día do Libro.

A coincidencia do dia de San Xurxo, día do libro e patrón de Inglaterra, na Biblioteca de Carballedo hai un contacontos en inglés ?Saint George and the Dragon? para os mais pequenos, concretamente para idades de 3 a 7 anos, terá lugar as 12:30 e para que poidan disfrutalo mais cativos será o sábado día 27.

Esta actividade está limitada a 20 participante, polo que deberán de inscribirse no telefono 986760001 ou na OMIX do Concello.

Pola contra a bibliteca de Tenorio ten programadas as seguintes actividades para os mércores 17 e 24 de abril:

Ás 17:30 proxeccións, contacontos e obradoiros con globos e a entrada é libre.

19 de abril de 2013 | 15:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.