Cortes de tráfico na avenida Joaquín Planells Riera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que, con motivo da continuación das obras de canalización da rede de Unión Fenosa na avenida de Salgado Torres, entre a rotonda de Eduardo Diz e o cruzamento coa avenida de Joaquín Planells Riera, será necesaria a canalización pola marxe esquerda da calzada en sentido saída cidade, o que afectará á circulación de vehículos nun primeiro tramo ao carril dereito e, unha vez finalizado e aberto ao tráfico, continuará polo carril esquerdo. En consecuencia, sempre se manterá un carril de circulación. Os traballos levaranse a cabo en horario nocturno dende a noite de hoxe, xoves 25 de abril, ata o próximo 3 de maio, entre as 23.00 a 07.00 horas.

O Concello tamén informa de que as obras de canalización da rede de Unión Fenosa na avenida de Cádiz fan necesaria a supresión do tráfico e do estacionamento na marxe esquerda desta vía en sentido saída cidade. En todo momento se garantirá o acceso aos garaxes existentes. Os traballos levaranse a cabo o próximo luns, 29 de abril, en horario de 08.00 a 13.00 e de 14.30 a 19.00 horas.

25 de abril de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.