Corte de tráfico por obras nos carrís de acceso a Santa Xema
O Concello da Coruña informa de que, dende mañá xoves ao próximo venres, 26 de abril de 2013, e con motivo do avance das obras de realización de ‘condución principal de abastecemento Alvedro-Monte Mero da empresa EMALCSA’, estarán ocupados os carrís de acceso a Santa Xema e á gasolineira, sita fronte á Escola Infantil Os Cativos.En todo momento se manterán dous carrís libres, un para cada sentido de acceso ao paso inferior.











