Corte de tráfico pola conducción do abastecemento de Alvedro-Monte Mero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico e Mobilidade da Coruña informa de que, con motivo das obras de condución principal de abastecemento Alvedro-Monte Mero da empresa EMALCSA, a ocupación dos carrís da glorieta que dá acceso ao centro comercial de Alcampo se prolongará ata o próximo venres, 19 de abril. Os traballos desenvólvense en dúas fases, cortándose primeiro un carril para a execución da gabia, deixando libre outro carril; e nunha segunda fase ao contrario. En todo momento se mantén un carril libre de acceso á glorieta.

12 de abril de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.