Corte de tráfico na avenida Finisterrae e a rúa Historiador Vedía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que con motivo dos traballos de reparación de lousas de formigón na rúa Cidade de Lugo se vai proceder á ocupación do carril de circulación entre a avenida de Finisterre e a rúa Historiador Vedía, desviándose o tránsito de vehículos polas zonas de estacionamento. As actuacións realizaranse en dúas fases, cada unha delas comprendendo a metade da sección de calzada, cunha marxe de polo menos 12 días. As obras inclúen a demolición do paso de peóns, dispoñéndose de pasarelas con pasamáns e paneis informativos que indiquen o desvío peonil. A duración das obras estimada é de catro semanas, iniciándose na tarde de hoxe, mércores 24 de abril.

24 de abril de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.