Concerto Literario da Banda de Música Municipal da Coruña
A Concellaría de Cultura informa de que a Banda Municipal de Música ofrece o próximo domingo, 14 de abril, a partir das 12.15 horas, no Pazo da Ópera, un concerto literario, no que a música e as letras irán da man. As literaturas española, francesa, inglesa, galega e portuguesa serán presentadas musicalmente e declamadas por colaboradores de Polisemias e da agrupación de libreiros da Coruña.
Para descargar o programa pincha aquí.











