Concello e Deputación de Pontevedra asinan o 15 de abril o convenio da Ronda urbana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedraPontevedraProvincias
A-
A+

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinarán o vindeiro luns, 15 de agosto, ás 11.30 horas no Pazo provincial o convenio de colaboración entre as dúas administracións para iniciar a ronda urbana, no seu tramo leste.

O convenio, aprobado xa pola Xunta de Goberno Local de Pontevedra, recolle un importe de 2.420.000 euros no que está incluído a construcción do vial e das expropiacións, dirección de obra e seguridade, así como a redacción do proxecto que se estima nuns 60.000 euros.

O acordo plasma que a Deputación provincial levará a cabo a redacción do proxecto e financiará o 50% da obra. Pola súa banda, o Concello de Pontevedra abonará o importe das expropiacións (estimado en 560.000 euros) e o restante da obra.

A Deputación será a encargada de redactar o proxecto, licitar, executar e recepcionar as obras, e tamén realizará a tramitación administrativa da expropiación de fincas. O Concello achegará as contías para a expropiación así como a súa parte na construcción da obra, participará na comisión de seguimento do proxecto.

Segundo se recolle no propio convenio o obxectivo deste convenio “é mellorar a accesibilidade ó complexo asistencia Príncipe Felipe e ó Hospital Montecelo coa construcción do acceso a Príncipe Felipe-Montecelo, dende a PO-542 no lugar do Marco, até o complexo asistencial”.

“Esta actuación dotará a zona este da cidade dunha vía que sustitúa o atallo que actualmente se emprega a través das rúas das Pereiras, das Olivas e Anxel Limeses, claramente insuficientes e non destinadas para soportar o tráfico actual”, afirma o convenio. “A construcción desta infraestrutura terá unha dobre funcionalidade, dun lado o acceso ao complexo asistencia e doutro a mellora da mobilidade na zona leste da cidade, podendo integrarse no futuro como parte da ronda urbana”.

11 de abril de 2013 | 15:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.