Comenza un seminario sobre o mercado laboral en Inglaterra no CDL de Mos

A rexedora na inauguración do seminario
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto presentaron esta tarde no CDL un seminario sobre o mercado laboral en Inglaterra organizado polo Centro da UNED de Pontevedra coa colaboración das concellerías mosenses de Formación e Emprego, Educación e Participación Cidadá e a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS.
Esta acción formativa impártese ó longo de dez horas lectivas durante a tarde de hoxe e a xornada de mañán. Trátase dunha actividade de extensión universitaria, co recoñecemento da UNED dos créditos correspondentes e está dirixida a persoas desempregadas e demandantes activas de emprego, coa finalidade de facilitar o coñecemento e características de outros mercados laborais, así como un acercamento á idiosincrasia do país estudiado.
Os beneficiarios deste seminario son persoas desempregadas, demandantes activas de emprego, titulados universitarios, estudantes e interesados en xeral. Durante o mesmo, estes poderán, ademais de coñecer as características específicas do mercado laboral británico, aprender a elaborar un currículo en inglés, someterse a un simulacro de entrevista laboral en inglés e coñecer as peculiaridades típicas da mentalidade empresarial británica.
A titora-coordinadora desta actividade é a Profesora Doctora da UNED Beatriz Rodríguez Quintela. Este seminario segue unha dinámica activa e participativa, polo que se intenta motivar aos destinatarios propoñendo actividades prácticas, relacionadas coa orientación laboral.
A alta tasa de desemprego a nivel xeral, e particularmente local, e a demanda existente na provincia de Pontevedra de persoas con interese no mercado laboral inglés, así como a oferta existente de postos laborais en Inglaterra xustifican a organización dun seminario que dé as pautas axeitadas para poder acceder a ese mercado en condicións óptimas.











