Clausura do curso de coidadores de persoas dependentes

Entrega de diplomas aos participantes
Rematou o segundo curso para coidadores/as de persoas dependentes organizado pola concellería de servizos sociais e igualdade do concello de Dodro “Interrelación e comunicación coa persoa dependente e o seu entorno” de 40 horas de duración.
Á clausura do curso asistiu a concelleira da área, Marisol Boga Grela, quen fixo entrega do diploma acreditativo a cada unha das 30 persoas que realizaron o curso.
Este é o segundo dos cursos gratuítos que este ano organiza esta concellería para coidadores/as de persoas dependentes. É de destacar que cada vez máis xente moza se inscribe nestes cursos e vai aumentando progresivamente a participación e o interese dos homes neste tipo de cursos que ata agora era practicamente exclusivo de mulleres.