publicidade hoxe

Clausura da III Edición da Liga de Fútbol Sala de Base Terras de Iria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDodroLocal
A-
A+
Entrega de premios aos gañadores

Entrega de premios aos gañadores

O pasado venres 12 de abril celebrouse no Pavillón Municipal de Dodro a clausura da III Edición da Liga de Fútbol Sala de Base Terras de Iria.

A competición levouse a cabo nos pavillóns de Dodro e de Padrón os venres pola tarde dende novembro a abril. As distintas categorías foron prebenxamín, benxamín e alevín. En esta edición participaron o C.D.Rois, o Ulla Pontecesures, o Furia A.C., o Cordeiro F.C., as Escolas Deportivas Municipais do Concello da Pobra, as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Padrón e as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Dodro.

Á entrega de premios asistiu o Concelleiro de Deportes do Concello de Padrón “Andrés Sanmarco”, o Concelleiro de Deportes de Dodro “José Núñez” e o Alcalde de Dodro “Valentín Alfonsín”. Todos os nen@os recibiron unha medalla e un diploma pola súa participación. Na categoría prebenxamín proclamouse campión o Ulla Pontecesures “A”, na benxamín o EDM A Pobra, e na alevín o Furia A.C.

Ó remate desta festa do deporte de base, o alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín agradeceu a todos a súa participación e recordou a importancia de apoiar e promocionar a práctica de deporte entre os nen@s, que repercute favorablemente na súa saúde, formación e educación.

15 de abril de 2013 | 10:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.