Cid presenta o Pacto Local polo Emprego no workshop First Step to First Job da Fundación Ronsel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Participantes no workshop

Participantes no workshop

A Tenente de Alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, participou no Workshop de la Fundación Ronsel, First Step to First Job, un proxecto europeo centrado na identificación de boas prácticas orientadas a mellorar a incorporación ao mercado de traballo dos mozos. No marco deste workshop, desenvolvido integramente en inglés, Cid presentou ante os socios europeos da Fundación Ronsel el Pacto Local polo Emprego e o Proxecto de Axentes de Innovación, no que se definen as estratexias de creación de emprego para os próximos tres anos, coordinadas entre as entidades sociais e económicas máis representativas da cidade. Esta presentación espertou grande interese entre os participantes de Romanía, Italia, Portugal e Austria, que realizaron numerosas preguntas ao respecto. Neste encontro de traballo participaron administracións públicas, organismos educativos e axentes sociais

22 de abril de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.