Cid inaugura “Impulsando Pemes”, para transmitir ideas innovadoras a pequenas e medianas empresas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Luisa Cid durante a inauguración da xornada

Luisa Cid durante a inauguración da xornada

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, inaugurou na Ágora esta mañá Impulsando Pemes, unha iniciativa na que colabora este departamento municipal, e na que participan empresas líderes como Deutsche Bank, Microsoft, Sanitas, Endesa, Correos, Ono ou Philips.

Impulsando Pemes ten como obxectivo transmitir ideas innovadoras, que axuden a crecer ás pequenas e medianas empresas. Durante o encontro, no que se celebraron dez microrrelatorios de dez minutos de duración, Cid destacou a importancia da innovación, non só na xeración de emprego, senón tamén na eficiencia, eficacia, rendibilidade e produtividade das empresas.

17 de abril de 2013 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.