Cid e Mourelo inauguran as Xornadas de Empredemento Xuvenil na Ágora

Cid e Mourelo na inauguración
A tenente de alcalde de Emprego e. Empresa, Luisa Cid, o concelleiro de Educación, Francisco Mourelo e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, inauguraron hoxe as Xornadas de Emprendimiento Juvenil que, en colaboración coa Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), se celebran na Ágora. O emprendimiento, a asunción de riscos, ou a importancia do coworking son algúns dos temas en torno aos que xira este foro.
Cid destacou o afán de responsabilidade e a capacidade para enfrontarse aos medos e aos riscos cos que lida o emprendedor. Fixo fincapé tamén en que a persoa que emprende xera emprego, e polo tanto riqueza ao seu arredor ” e iso conségueno persoas que foron capaces e se atreveron a dar un paso adiante, asumindo responsabilidades e riscos,” engadiu. O tenente de alcalde recordou el éxito da última edición do programa Inicia, que se leva a cabo dende a área que dirixe e que intenta animar os mozos a que tomen a iniciativa e emprendan. Este ano participaron 355 alumnos e presentáronse 59 proxectos empresariais co que, dada a alta participación e a calidade dos proxectos, seleccionáronse 16 finalistas e catro gañadores.
Pola súa banda, o concelleiro de Educación, Francisco Mourelo, subliñou a importancia dunha base sólida para garantir a solvencia e a continuidade dunha empresa, insistindo na formación como fundamento clave. “A preparación é a antesala do que pode ser un éxito”, afirmou. Mourelo referiuse tamén ás dificultades que leva consigo o emprendimiento como unha aprendizaxe e “non como un impedimento para seguir adiante”.











