Chipeado de cans nas parroquias do rural de Pontevedra
A Concellaría responsábel de sanidade animal, que xestiona Miguel Filgueira, realiza mañá o chipeado de cans en diversas parroquias do rural. O propio concelleiro acudirá á parroquia de Praceres, ás 09.30 horas, onde está previsto chipear a parte dos cans inscritos na campaña ambiental Yes, we can.
Aínda que o prazo de solicitude para chipear os animais está aberto até o 15 de abril, até o momento lévanse inscritos 97 cans, dos cales unha grande cantidade xa teñen o chip grazas a colaboración de dúas clínicas veterinarias que aceptaron participar nesta campaña.
Na xornada de mañá tamén se chipearán o mesmo día nas instalacións do Colexio de Cabanas, en Salcedo, e nas instalacións da Casa do Pobo de Marcón.
Dado que no resto de parroquias hai menos participantes, os propietarios solicitantes poderán chipealos pedindo cita na refuxio de animais de Campañó.
A Campaña Yes, we can continuará nas próximas semanas con outras iniciativas como cun Día de adopción, unha xornada de adestramento, ou unha campaña de concienciación nos centros escolares.











