Charlas sobre seguridade para os veciños do rural do Concello do Carballiño

Unha das charlas veciñais
Este xoves, 11 de abril, ás 19:00 horas terá lugar unha nova charla dirixida aos veciños do rural, para ofrecer consellos e medidas destinadas a garantir máis a seguridade destes veciños, na maioría dos casos persoas maiores. Estas charlas están organizadas pola concellaría de Veciñanza que dirixe a edil Piar Caride, en estreita colaboración coa Garda Civil. Precisamente é un axente deste corpo o encargado de impartir estas charlas, baseadas principalmente na experiencia en materia de seguridade.
A segunda charla deste ciclo terá lugar, como xa se indicaba, este xoves ás 19:00 horas no centro social de Veiga, e a ela están invitados os veciños desta parroquia xunto cos das parroquias de Madarnás, Longoseiros e Mudelos.
A primeira charla, que tivo lugar este pasado xoves na parroquia de Santa Uxía, tivo unha grande afluencia de veciños, que mostraron a súa conformidade con este tipo de actividades, interesándose moito polos asuntos sobre enganos e estafas que se detectaron noutras zonas do rural galego.











