Charlas de aforro e eficiencia enerxética no IES de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+
Instante da charla

Instante da charla

O pasado martes celebráronse no IES Ponte Caldelas dúas charlas formativas sobre aforro e eficiencia enerxética, ás que asistiron alumnos de 3º da ESO do IES de Ponte Caldelas.

Esta iniciativa formativa de carácter medioambiental tivo lugar grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello Ponte Caldelas e o equipo educativo do centro IES Ponte Caldelas. Esta acción formativa enmárcase dentro das actividades de formación e divulgación medioambiental do proxecto RETALER II Rede Transfronteiriza de Autoridades Locais en Enerxías Renovables do cal a Deputación de Pontevedra é socio membro xunto con outras dezaseis entidades españolas e portuguesas.

As charlas amosaron ós estudantes diversos aspectos da relación entre a enerxía e o medioambiente baixo o enfoque da sustentabilidade. Así mesmo, tratáronse temas como as enerxías renovables, o aforro de enerxía no fogar e no colexio e as prácticas enerxéticas sostibles e responsables. Nas charlas animouse ós nosos xoves a ter un compromiso real co aforro de enerxía e o coidado do medio ambiente.

Estas charlas foron impartidas por conferenciantes da Fundación Galicia Sustentable, entidade cunha grande experiencia na organización de este tipo de actividades formativas no eido ambiental e organizadores do evento internacional TeDx en Galicia.

Con esta actividade formativa amósase unha vez máis o compromiso da Deputación de Pontevedra co aforro e a eficiencia enerxética apostando pola formación e a educación como mellor ferramenta para acadar o éxito nos nosos obxectivos medioambientais.

17 de abril de 2013 | 15:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.