Charla informativa en Vila de Cruces sobre a nova Lei Educativa
O Movemento Dezao polo Ensino Público ofrecerá unha charla informativa sobre a nova Lei Educativa no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces, onde o poñente Xesús Fortes, informará aos asistentes das condicións da nova Lei Educativa. A cita terá lugar o xoves, dia 4 de abril, ás 20:30 horas.
Entre outros puntos, no encontro abordaranse os seguintes temas:
• Haberá varias avaliacións externas”REVÁLIDAS” nas que profesorado alleo ao centro examinará ao alumnado con probas deseñadas polo Ministerio de Educación? (Puntos 10,17 e 25 do borrador)
• O resultado desa proba en 6º de Primaria constará no expediente de cada alumn@? (Punto 10 do borrador)
• A vía ou itinerario que o alumnado escolla para 4º da ESO (con 14 ou 15 anos) vai limitar totalmente as eleccións futuras? (Se fai a “reválida” de 4º pola vía profesional, non poderá acceder ao Bacharelato. E se a fai pola vía académica, non poderá acceder á FP)(Punto 13 do borrador)
• De suspender a “reválida” en 4º da ESO, non se obtería o Título de Graduado en ESO aínda que se tivera aprobado o curso? (O alumnado que, tendo aprobado 4º ESO, suspenda a “reválida”, terá que pagar unha academia onde preparar as probas para o ano seguinte?) (Punto 19 do borrador)
• De suspender a “reválida” en 2º de Bacharelato, non se obtería o Título de Bacharelato aínda que se tiveran aprobados os 2 cursos? (Punto 26 do borrador)
• Desaparecerá a “selectividade” pero cada universidadepoderá establecer procedementos de admisiónpropios(unha “selectividade específica”) que, de non ser iguais e válidos para todo o Estado, obrigarán ao alumn@ a realizar diferentes probas en distintas universidades, co custe económico que esto implicaría? (Punto 27 do borrador)
• Nos programas que substituirán aos actuais Programas de Diversificación Curricular (PDC), o alumnado deberá cursar 4º nun grupo ordinario, co que lle será moi difícil graduarse? (Punto 15 do borrador)
• O alumnado da Formación Profesional Básica (actuais PCPI) non terá a posibilidade de obter o Graduado en ESO realizando os módulos voluntarios que existen agora, senón que terán que superar a avaliación externa de 4º de ESO como os demais? (Punto 34 borrador)
• Mellora o status da materia de Relixión, mentres se recortan as materias artísticas e tecnolóxicas (Puntos 12 e 13 do borrador). En 1º e 2º de BAC pasa a ter a mesma consideración que materias como Tecnoloxía Industrial, Anatomía Aplicada, Debuxo Técnico ou Artístico, Análise Musical, 2ª Lingua Estranxeira, Filosofía…? (Puntos 22 e 23 do borrador)
• A lingua cooficial, no noso caso o galego, deixa de ser unha materia “troncal” como si é a Lingua Castelá? (Puntos 12, 13, 22 e 23 do borrador).
• Os Consellos Escolares deixarán de participar nas decisións que atinxen ao centro, só serán informados, e quen tomará esas decisións -e algunhas novas como escoller ou rexeitar profesorado (Punto 61 do borrador)- será un director/a cuxa elección queda nas mans da Administración? (Punto 64 do borrador).
• Se poderán contratar “expertos” – persoas habilitadas ou escollidas pola Administración – sen que teñan que superar un concurso-oposición como o resto do profesorado? (Procederán, como xa está a suceder nalgunhas comunidades autónomas, de fundacións relacionadas coa banca?) (Punto 81 do borrador)
• As prazas escolares suficientes que deben garantir as Administracións educativas non terán que ser públicas, poderán ser en centros privados concertados? (Punto 53 do borrador)
Mentres se están a suprimir unidades no ensino público, ampliaranse os concertos con centros privados, durando máis anos e podéndose conceder a centros que diferencian o alumnado por sexo? (Punto 55 do borrador)











