Cerdedo asina un convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte para a reparación do pavillón
O Concello de Cerdedo asina un importante convenio de colaboración coa Secretaria Xeral para o Deporte por importe de 25.000 € para a reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Cerdedo debido ás necesidades urxentes de acondicionamento e reposición deste elemento a través do cal estase a filtrar unha cantidade importante de auga e que dana considerablemente a pista de xogo e os elementos estructurais do pavillón, de ahí que o Alcalde de Cerdedo solicitara a través de diversas reunión mantidas co propio Secretario Xeral para o Deporte a necesidade imperiosa de realizar estes traballos. Cerdedo sempre destacou pola gran preocupación que ten polo deporte, tanto competitivo como de ocio para tódalas idades, feito que demostra o ter contratado na sua plantilla un monitor de actividades deportivas que implementa clases de iniciación deportiva, psicomotricidade, ximnasia de mantemento, aerobic, etc… Ademáis organizamos actividades puntuais como son os maratóns de futbol-sala, competición de nenos en futbol sala, escolas da deputación provincial, etc…
O Concello tan so cederá as instalacións para que una empresa especializada realice as seguintes tarefas: desmontaxe de lucernarios de poliéster na cuberta, suministro e colocación de planchas de policarbonato, remate de chapa lacada, limpeza exhaustiva e descarnado de xuntas, novo selado da cuberta e o cambio de toda a tornillería existente que é por onde se producen as maiores filtracións. Para realizar toda esta actuación o concello esixirá á empresa adxudicataria un importante plan de seguridade para a execución dos traballos, con fios de vida, colocación de redes protectoras, plan de evacuación de riscos laboráis e a contratación dun coordinador para estes traballos.
O importe total de estas actuacións ascende á cantidade de 25.000 € que sufragará na sua totalidade a Secretaria Xeral para o Deporte.











