Celebración do Día Internacional do Libro
O próximo martes día 23 de Abril a Biblioteca Pública de ponte Caldelas celebrará o Día Internacional do Libro con diferentes actividades, pola mañá acollerá a visita dos alumnos do Colexio Manuel Cordo Boullosa de ponte Caldelas, que se achegarán ata a biblioteca ás 10:00 horas, para inaugurar a exposición dos traballos realizados polos alumnos dos Colexios “Manuel Cordo Boullosa, A Reigosa e o IES de ponte Caldelas” en colaboración coas bibliotecas dos centros escolares. Nesta mostra os protagonistas son os nenos, potenciais autores da nosa literatura nun futuro próximo.
A exposición poderá ser visitada ata o día 30 de abril en horario de 16 a 21 horas de luns a venres.
Pola tarde ás 19:00horas a biblioteca celebrará o Día Internacional do Libro cun acto no que a poesía e a música estarán presentes. Terá lugar unha lectura de poemas con acompañamento musical no Salón de Actos do Centro Cultural, este acto está aberto para todos os públicos e os asistentes poden ler a súa propia composición ou poema durante a celebración.











