publicidade hoxe

Celebración das Festas na honra da Santa Cruz de Veiga 4 e 5 de maio no Concello da Bola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaCalendarioLocal
A-
A+

29042013-1As orquestras “Fin de Siglo” e “La Oca” animarán as noites do sábado 4 de maio e do domingo día 5.

A Comisión de Festas informa da celebración das Festas na honra á Santa Cruz na parroquia de Veiga. Terán lugar os días 4 e 5 de maio.

O sábado 4 de maio haberá verbena, que se iniciará ás 22:00 horas, e estará amenizada musicalmente pola orquestra “Fin de Siglo” e a charanga BCB.

O domingo, día 5, pola mañá: alborada, procesión e misa solemne acompañada pola Banda de Música de Celanova. A verbena empezará a partir das 19:00 horas da tarde e contará coa actuación da orquestra “La Oca”.

Durante as festas haberá atraccións infantís e o domingo haberá polbo.

29 de abril de 2013 | 10:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.