publicidade hoxe

Castrelo do Miño botará mil barquiñas de papel ao Miño en defensa da educación pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCastrelo de MiñoLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Castrelo de Miño, en colaboración coa ANPA e a comunidade educativa do CEIP de Castrelo de Miño, e a dinamizadora cultural Mimadriña.com organiza un acto reivindicativo en defensa da educación pública no que tamén colaborarán ANPAS de toda Galicia.

Coincidindo coa celebración da Feira de Castrelo que terá lugar o vindeiro domingo 28 de Abril, ás 12:00 horas nos pantaláns do parque náutico tentarase conseguir o reto de xuntar mil barquiñas de papel para botar ao Miño.

Para conseguilo, desplegouse no último mes unha intensa campaña de promoción a través da redes sociais, e están chegando ao concello barquiñas en papel procedentes de toda Galicia e incluso de Europa, de voluntarios/as que queren colaborar con este reto en defensa da educación pública. No colexio de Castrelo de Miño, alunos e mestres tamén estiveron realizando barquiñas en papel durante este semana.

Obradoiro o sábado 27 ás 19:00 horas

Pero aínda non é tarde. Todos os interesados poderán participar nesta iniciativa, xa que o sábado 27, o día anterior, realizarase no propio parque náutico un obradoiro para facer barquiñas e cousas xeitosas en papel, que rematará cunha sesión de contacontos. O obradoiro consistirá en aprender a facer diferentes figuras de papel a través de diferentes contos, motivando aos nenos e as nenas a que mirén pola ventá e tenten trasformar a realidade nun mundo de cores e historias e observen como con un par de mans e unha folla de papel pódese crear. A duración será de 2 horas e  non se precisa levar ningún material. É indispensable traer un sorriso pendurado na cara e un ollos ben grandes e abertos.

Feira e acto o Domingo 28 de abril as 12:00 do mediodía (Pantalán)

MIMADRIÑA QUE FEIRA! Encontro no pantalán do Parque Náutico, onde se levará a cabo a xuntanza de tódalas nenas e nenos e maiores, onde se xuntarán todas as barquiñas feitas e achegadas durante estas semanas, lectura do manifesto mimadriña en clave infantil e reinvidicación do poder da creatividade e do común para unha educación de calidade.

Tras a lectura, botaranse as barquiñas ao Miño.

Transversalmente toda a feira estará engalanada con decoración alusiva, e grabarase un vídeo de todo o proceso e difundirase nas redes sociales.

23 de abril de 2013 | 15:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.