publicidade hoxe

Castrelo de Miño superará o domingo 28 o reto de botar mil barquiñas de papel en defensa da educación pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoLocal
A-
A+

O xoves 25, as barquiñas recibidas en Castrelo xa superan as 2.000 unidades, procedentes de toda Galicia e de países de Europa e América.

ANPAS de toda Galicia confirman a súa participación no evento que se realizará no parque náutico.

O Concello de Castrelo de Miño, en colaboración coa ANPA e a comunidade educativa do CEIP de Castrelo de Miño, e a dinamizadora cultural Mimadriña.com organiza un acto reivindicativo en defensa da educación pública no que tamén colaborarán ANPAS de toda Galicia.

Coincidindo coa celebración da Feira de Castrelo que terá lugar o vindeiro domingo 28 de Abril, ás 12:00 horas nos pantaláns do parque náutico tentarase conseguir o reto de xuntar mil barquiñas de papel para botar ao Miño.

26 de abril de 2013 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.