Case un cento de cans son chipeados grazas á campaña “Yes, we can”
A Concellaría responsábel de sanidade animal, que xestiona Miguel Filgueira, iniciou hai unhas semanas o chipeado de cans, unha das actividades incluídas dentro da campaña ambiental Yes, we can. Aínda que o prazo de solicitude para chipear os animais está aberto até o 15 de abril, até o momento lévanse inscritos 97 cans, dos cales unha grande cantidade xa teñen o chip grazas a colaboración de dúas clínicas veterinarias que aceptaron participar nesta campaña.
O resto dos animais serán chipeados do sábado, 13 de abril, a primeira hora da mañá, na parroquia de Praceres. Será no baixo parroquial da Igrexa. Tamén se chipearán o mesmo día nas instalacións do Colexio de Cabanas, en Salcedo, e nas instalacións da Casa do Pobo de Marcón. Dado que no resto de parroquias hai menos participantes, os propietarios solicitantes poderán chipealos pedindo cita na refuxio de animais de Campañó.
A Campaña Yes, we can continuará nas próximas semanas con outras iniciativas como cun Día de adopción, unha xornada de adestramento, ou unha campaña de concienciación nos centros escolares.











