Carral celebra o sábado o Certame Municipal de Ximnasia Rítmica
O sábado 4 de maio terá lugar no pavillón municipal do Espiño unha nova edición do Certame Municipal de Ximnasia Rítmica. Está previsto que o acto de comezo sobre as 17.00 e finalice arredor das 19.00 h.
Nesta edición participarán rapazas da Escola Municipal de Abogondo, do Colexio Mª Barbeito, do Brexo Lema, de Oza dous Ríos, de Sigrás e da Escola Municipal de Carral. As idades das deportistas oscilarán entre os 3 anos das máis precoces e os 17 das máis “veteranas”. En total espérase contar cun número aproximado de 160 ximnastas, que desenvolverán un total de 22 actuacións, tanto colectivas coma individuais. A longo da hora e cuarto que durará a exhibición, as deportistas demostrarán o seu dominio nas diferentes disciplinas deste deporte; mans libres, corda, pelota, fita, aro e mazas. Unha vez rematada a actuación faráselles entrega a todas as deportistas dun diploma conmemorativo do certame.
Con esta actividade, o concello de Carral continua co seu programa de promoción e fomento da actividade física e da saúde que, mediante o seu departamento de deportes, está a desenvolver durante este ano 2013. Con el preténdese potenciar a práctica deportiva no termo municipal, en especial entre a poboación infantil.
Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral ou no teléfono 981 672580 ou no e-correo electrónico. – deportes@concellocarral.com.











