Campionato de tute e parchís

Participantes durante unha partida
O Concello de Cervo organiza un Campionato de Tute e Parchís con motivo do XXX Día do Xubilado. A actividade, ideada para os maiores do municipio, xa comezou a realizarse. Neste campionato participan un total de 15 parellas, todas elas formadas por mulleres.











