Campaña para elixir ao praceiro/a favorito/a de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Promoción Económica informa que a Xunta de Galicia puxo en marcha o concurso “Presume de praceira e praceiro”, consistente en elixir ó praceiro/a favorito/a nos mercados municipais galegos e optar a conseguir vales de compra.

Este martes día 10 de abril o Concello instalará unha urna na Praza de Abastos de Monforte para que os/as clientes depositen na mesma, debidamente cubertos, os cupóns que recibirán por cada acto de compra.

Os días 12 de abril e 3 de maio de 2013 procederase á elección ó chou dos tres cupóns premiados con vales de compra por valor de 75, 50 e 25 euros. Os vales serán cambiables no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras, e a súa validez caducará o día 31 de maio.

9 de abril de 2013 | 15:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.