Campaña de vacinación canina en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

Vaise a facer unha Campaña Voluntaria de Vacinación Antirrábica,  e de Desparasitación contra o quiste hidatídico, así como vacinación tetravalente (vacinación anual recomendada para previr as enfermidades caninas do moquillo, parvovirose, hepatite e leptospirose), emisión de nova cartilla-pasaporte, implantación de microchip e Certificado Veterinario Oficial segundo normativa de cans potencialmente perigosos, no termo municipal de Xove.

A campaña será realizada polas veterinarias: Mª Sol Carreira Castro colexiada nº 862 e Silvia Roca Castro colexiada nº 1074.

O calendario de paso será o seguinte:

En Xuances, Portocelo, Morás, Lago, Sumoas o luns 29 de abril

En Xove, A Rigueira e Monte o martes 30 de abril

As persoas interesadas deberán comunicalo no Departamento de Agricultura e Gandería do Concello de Xove ou chamando aos teléfonos das veterinarias (669.55.22.13 ou 667.23.18.36), con anterioridade ao día de paso.

Os prezos por cada un dos servizos son os seguintes:

– Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 €

– Vacina tetravalente: 29 €

– Emisión nova cartilla-pasaporte: 2 €

– Implantación do microchip con crédito Alta Regiac: 33 €

– Expedición crédito Regiac Cambio Titularidad: 10 €

– Expedición crédito Regiac para microchip asumido: 15 €

POR SEGURIDADE, é preciso facer uso do bozo

19 de abril de 2013 | 09:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.