Campamentos de verán da Xunta de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para o Programa Campaña de Verán 2013 ( campamentos )  organizados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Os campamentos están destinado a nenos e nenas nados entre os anos 1995 e 2004. O periodo de inscrición e do 3 ao 17 de abril.

Tamén está aberto o prazo de solicitude para as axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras destinadas ao alumnado que esté cursando ESO, Bacharelato ou ciclos formativos de grao superior. O periodo de solicitude remata o 22 de abril.

Para máis información e/ ou presentación de solicitudes as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada  pola vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081. E-mail: omixnigran@nigran.org

5 de abril de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.