Camisetas solidarias para “Carlitos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSalvaterra de Miño
A-
A+

Carlitos é un neno de Salvaterra de Miño que sofre leucomalacia periventricular (parálise cerebral) e cegueira adquirida dun desprendemento de retina, por ser un grande prematuro. É un neno que nivel cognitivo todo o entende e ás veces se frustra porque non pode expresar o que quere dicir. Ten moito afán de superación e consegue sacar o mellor de cada persoa que o coñece. Sempre sorrindo e alegre, tamén saca o seu carácter cando debe e ese carácter é o seu mellor aliado… A súa nai, a súa familia e todos os que o coñecen, queren o mellor para el, polo que empezamos unha campaña solidaria, co fin de poder darlle a Carlitos o que necesita, unha andadeira especial, para poder mellorar a súa calidade de vida.

Esta campaña está enfocada por un lado á recollida de tapóns a través do Banco de Tapóns do Baixo Miño e por outro lado, vanse levar a cabo diversas iniciativas co fin de recadar diñeiro para esa andadeira tan necesaria para el.

A campaña arranca coas venda camisetas e rifas solidarias. Todos aqueles que queiran axudar a Carlitos pódeno facer adquirindo rifas ou camisetas nos establecementos colaboradores, e para todos aqueles que queren participar neste acto de solidariedade, pero se encontran lonxe, dicirlles que tambien poden comprar camisetas, poderán facer os seus encargos en unatapaunasonrisaunailusion@hotmail.com, TODOS OS ESFORZOS SON POUCOS.

Informamos tamén a todos os interesados que estamos a preparar un Gran Día no Parque Público A Canuda con Carlitos, no que todos os que queiran colaborar poderán achegarse e gozar das diferentes actividades e actos que se van realizar. Este día solidario será a mediados de maio e iremos dando máis información.

23 de abril de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.