Cambre xunto á Asociación Adafad, realizará un programa para protexer aos menores na rede

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

A Asociación ADAFAD desenvolveu o programa “Saúde na escola” contando co apoio da Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Cambre e os Centros escolares deste Concello. Os talleres deste programa dirixíronse ao alumnado que cursa 6º Educación Primaria en Ceip Brexo Lema, Ceip Portofaro e Ceip Wenceslao Fernández Flórez, cos que se traballaron ao longo de varias sesións diversos aspectos relacionados cos hábitos de vida saudables e a convivencia; coidado do corpo, tempo libre, relacións persoais, “malos rolos” (drogas)

Utilizouse para iso unha metodoloxía dinámica e participativa a través do traballo en grupos cooperativos producíndose un intercambio de valores, crenzas… co interese de promover unha reflexión e incidir na prevención do consumo de drogas.

COMO PROTEXER AOS NOSOS MENORES NA REDE

Dende o departamento de Educación do Concello de Cambre contando coa colaboración da Asociación Adafad, levarase a cabo o programa de prevención “Como protexer aos nosos menores na rede” dirixido a pais e nais de alumnado de Educación Primaria, ESO e BAC, os días 22 e 29 de abril ás 19 horas no local sociocultural do Graxal. O aforamento é limitado, polo que terá que facerse unha selección de asistentes, para o que haberá que entregar unha solicitude en calquera dos rexistros de entrada do Concello de Cambre entre os días 5 e 15 de abril.

Nestas xornadas transmitiranse a pais e nais os riscos asociados aos usos que os menores fan de Internet e os recursos de que dispoñen para previlos.

4 de abril de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.