Cambre organiza un acto de conmemoración do Día Internacional da Muller
A Concellaría de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación organiza este sabádo día 6 de abril ás 12:00h un acto de conmemoración do día internacional da muller “a historia das mulleres do concello de cambre”. O Concello de Cambre, dentro da campaña de conmemoración do Día Internacional da Muller, baixo o lema é “ESTE ANO, O 8 DE MARZO TERÁ NOMES DE MULLERES”, organizará este sábado día 6 ás 12:00h no Centro Sociocultural do Graxal un acto de recoñecemento público ás mulleres protagonistas dos traballos presentados polo alumnado de 4º de primaria, e farase entrega de agasallos ás nenas ou nenos finalistas do concurso. Ademáis, Hugo Torreiro y Yhadira ya han confirmado una actuación musical en el acto de homenaje de mañana.
O sábado día 6 de abril conclúen as actividades programadas na campaña de conmemoración do 8 de marzo “Este ano, o 8 de marzo terá nomes de mulleres”. Como peche da programación, está previsto realizar un acto público no Centro Sociocultural do Graxal dirixido a toda a poboación para a entrega de premios do Concurso “A historia das mulleres do Concello de Cambre” no que participou o alumando de 4º de primaria do Concello. Neste mesmo acto, realizarase un recoñecemento público ás mulleres protagonistas das súas historias, pola súa contribución a favor da familia e/ou pola súa actividade productiva local. Con esta homenaxe preténdese dar a coñecer cal era a situación da muller, na historia máis inmediata, e poñer en valor as actuacións de mulleres que poidan ser motivadoras para a sociedad en xeral.
Para dinamizar o acto, proxectarase o audiovisual que se realizou con todas e todos o participantes no concurso, no cal darase a coñecer os traballos finalistas do concurso. Tras a entrega de premios e a homenaxe ás mulleres, haberá unha actuación musical a cargo de Hugo Torreiro e Yhadira García, xoves promesas do ámbito musical. As persoas asistentes ao evento recibirán regalo simbólico e promocional da campaña.
A campaña deste ano 2013 xira en torno a imaxe do Plan de Igualdade, e co lema da campaña “ESTE ANO, O 8 DE MARZO TERÁ NOME DE MULLERES” preténdese facer un recoñecemento ao papel da muller ao longo da historia do Concello.
A campaña contemplou unha serie de actividades dirixidas ao alumando de 4ª de primaria para invitar a reflexionar sobre o papel que as mulleres desempeñaron na historia máis inmediata do Concello. A empresa DELOGA, en estreita colaboración co Concello, foi a encargada de levar a cabo o programa de actividades.
O obxectivo principal desta campaña foi o de conmemorar a loita da muller pola súa participación e protagonismo cidadán, en pé de igualdade co home na sociedade, invitando á reflexión sobre os avances acadados e sobre o camiño que todavía queda por percorrer cara a mellora da situación das mulleres en xeral, e en particular de Cambre. Así mesmo, organizouse un concurso “A historia das mulleres do Concello de Cambre” no que o alumnado de 4º foi convidado a reflexionar, traballar e investigar sobre o papel da muller na historia máis inmediata de Cambre. Para poder participar, o alumnado tivo que realizar unha “historia de vida” dunha muller. Entre todos os traballos presentados, un xurado composto por representantes do tecido asociativo de mulleres do Concello, as ANPAS e persoal do propio Concello foi o encargado de seleccionar os tres traballos finalistas que mellor recolleron o papel e vida da súa protagonista. Os criterios empregados polo xurado á hora de seleccionar os traballos sobre as mulleres foron:
– historias de mulleres que teñen ou tiveron unha especial relevancia na vida de Cambre pola súa promoción da Igualdade de Oportunidades en calquera ámbito da vida: educación, deporte, publicidade, medios de comunicación, actividade social, política e/ou empresarial, artística, etc.
– Historias de mulleres cuxas vidas fagan visible a situación de discriminación que aínda predomina na nosa sociedade e que sofren a “invisibilidade” nos ámbitos familiares e laborais.
– O formato de presentación dos traballos presentados (vídeo, ilustrado, foto – montaxe, etc.)
Así mesmo, todas as nenas e nenos participantes no concurso tiveron a oportunidade de participar e protagonizar un audiovisual cun enfoque educativo que xira entorno a esta campaña, e no que se darán a coñecer quenes son as nenas ou nenos gañadores, así como as mulleres protagonistas das súas historias de vida.
Para máis información, o Concello dispuxo na súa páxina Web, www.cambre.org e no seu Facebook toda a información sobre esta campaña de sensibilización entorno ao Día Internacional da Muller, onde se pode consultar todo o programa de actividades e as últimas novidades.











