Cambios no tráfico da Coruña por obras en Juan Flórez, Palavea e a estrada de Pocomaco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello, a través da Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público, informa de que, con motivos de diferentes obras que se empezarán a executar entre mañá, martes 9 de abril, e o próximo mércores, día 10, será preciso realizar modificacións na circulación en Juan Flórez, na estrada de Pocomaco e en Palavea.

– Os traballos de reparación da bionda situada na conexión da rúa Juan Flórez coa avenida de Alfonso Molina obrigan mañá e o mércores a ocupar parte da vía, mantendo en todo momento un ancho de calzada de 3 metros libre para o tránsito de vehículos. O horario dos traballos será de 09.30 a 18.30 horas, restablecéndose a circulación habitual na zona fóra dese horario.

– Con motivo dos traballos de canalización de liña de alta tensión na estrada de Pocomaco, dende o 10 de abril e durante 2 semanas será necesaria a ocupación da beiravía e do carril de circulación dereito en sentido Matogrande, no tramo comprendido entre a zona situada á altura do apeadeiro do tren do campus universitario ata o ramal de desvío á rotonda elevada na avenida da Universidade. Garántese o tránsito de vehículos polo outro carril de circulación.

– As obras de execución da condución principal de abastecemento de auga entre Alvedro e o monte Mero, entre os días 9 e 12 de abril, obrigan a ocupar os carrís da glorieta que dá acceso ao centro comercial Alcampo. Nunha primeira fase, cortarase un carril para a execución da gabia, deixando libre outro carril; e nunha segunda, será ao contrario. En todo momento se mantén un carril libre de acceso á glorieta.

8 de abril de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.