“Biciweek” percorrerá as rúas de Pontevedra do 17 ao 21 de abril
Do 17 a 21 de abril, no CITA terá lugar unha exposición de exemplares antigos e curiosos baixo o título Bicis históricas.
O sábado 20 e domingo 21, a Ferraría acollerá Bicimostra con exposición de bicis e complementos, mercadiño de segunda man, ximcana infantil e obradoiros de mantenemento de bicis.
O domingo 21, ás 11 h, terá lugar a convocatoria anual da marcha ciclista familiar pola cidade, baixo o nome Pedalada 2013.
O domingo 21, ás 17 h, na Av. Montero Ríos, celebrarase Bici Fixer, unha xuntanza de usuarios destas bicis urbanas de piñón xo, e exhibición de bicis e habilidades.
Pola súa banda, durante o mes de maio Natureza sobre Rodas levará as bicicletas a Camiños de Salcedo o 5 de maio, Xunqueira de Alba o 12 de maio e á enseada de San Simón o 19 de maio.











