Benestar Social informa das axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero
A concellaría de Benestar Social que dirixe a edil Purificación Alberte, informa que xa contan con toda a información necesaria para solicitar as axudas periódicas de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Estas axudas son outorgadas pola Xunta de Galicia, e están destinadas a posibilitar unha autonomía e independencia económica da vítima. Á hora de conceder estas axudas terase en conta a situación económica da solicitante.
Poderán obter toda a información sobre estas axudas nas dependencias de Benestar Social, situadas na rúa Faustino Santalices, ou ben na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.es e en lapágina web da Secretaría Xeral da Igualdade http://www.mulleresengalicia.es.
As solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, na dirección electrónica https://sede.xunta.es.











