Benestar Social aborda a problemática dos desafiuzamentos
A Concellaría de Benestar Social inicia mañá un ciclo de conferencias sobre a vivenda, co obxectivo de tratar de resvolver dúbidas e pór luz sobre a problemática dos desafiuzamentos, tanto dende o punto de vista xudicial como social. As conferencias comezan mañá,23 de abril e continuarán o 29 de abril. Serán as 19.00 horas na Casa das Campás.
Na conferencia de mañá participan:
• Colexio de avogados de Pontevedra: Enrique Dobarro Buitrago. Falará da OFIMEH (Oficina de Información, Asesoramento e Intermediación en materia de Execucións Hipotecarias) creada polo convenio subscrito entre o Colexio de Avogados e o Concello de Pontevedra. Falarán da experiencia cas persoas que se achegaron a este servizo e sobre todo, do marco lexislativo desde a visión da avogacía, así como das posibilidades de negociación cos bancos.
• Instituto Galego de Vivenda e Solo: Andrés Iglesias López. Xefe Provincial da Delegación Territorial de Pontevedra. O instituto é un
actor importantísimo neste escenario, xa que seus técnicos/as son os que máis experiencia acumulan para a resolución dos problemas de vivenda nos casos máis precarios. Exporán un resumo das situacións tipo cas que se atopan, como se resolven, cal é o funcionamento o IGVS, e como afecta a lexislación a súa tarefa.
• Xudicatura: Xuíza xulgado núm. 4 de 1ª instancia. María del Carmen Novoa Santás. Dara unha visión da xudicatura ante unha execución hipotecaria, e das modificacións sucesivas das leis. Na xornada do vindeiro luns, 29 de abril, participarán:
• Representante de Arquitectos sen fronteiras: aportarán unha visión máis internacional da situación da vivenda noutros lugares. Evolución da vivenda galega no tempo e o sentimento de propiedade. Porque non alugamos?
• Stop Deshaucios do Morrazo: Paco Asensio. É imprescindible a visión da sociedade civil organizada entorno a este problema.
• Benestar Social Concello Pontevedra: Lisa Dacosta e Patricia González. Perspectiva técnica das traballadoras que teñen contacto directo cas persoas que precisan da intervención dos Sevizos Sociais centrado na problemática da vivenda.











