Baiona adapta o parque móbil policial á lei de coordinación galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal
A-
A+
Novos vehículos policiais

Nova rotulación nos vehículos policiais

O concello de Baiona adapta os seus vehículos á Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia, que regula a coordinación das policías locais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma, sen prexuízo da súa dependencia das autoridades locais e con pleno respecto ao principio de autonomía local.

O ámbito de aplicación esténdese aos distintos municipios da Comunidade autónoma e implica a homoxenización tanto en materia de formación de profesionais, coma en medios técnicos e materiais.

A uniformidade na rotulación de vehículos oficiais, era un dos últimos requisitos que lle quedaba por cumprir o concello de Baiona para adaptarse na súa totalidade á normativa vixente.

19 de abril de 2013 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.