Avanzan as obras de mellora do entorno do cruceiro de Lestón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Traballos de acondicionamento

Traballos de acondicionamento

As obras contempladas no proxecto de mellora do entorno do cruceiro da parroquia de Lestón achéganse á súa fase final. Os operarios avanzan nestes momentos nas tarefas de instalación do rego por aspersión automático e a continuación será acondicionada a nova área axardinada.

Previamente o ámbito no que se sitúa o cruceiro xa fora delimitado con elementos de seguridade -que se integran á perfección no entorno- e instalado o mobiliario urbano.

Os traballos daranse por finalizados coa nova pavimentación da estrada no entorno da nova zona verde -coa calidade que ofrece o aglomerado asfáltico en quente- e a correspondente sinalización.

Deste xeito alcanzaranse os tres obxectivos polos que o Concello da Laracha promoveu este proxecto. Por unha parte, crearase unha nova zona axardinada para uso e disfrute dos veciños. Ademais, protexerase ao cruceiro e resaltarase a súa importancia. Por último, a actuación tamén mellorará a seguridade viaria neste punto da parroquia de Lestón no que se sitúa, tamén, o centro sociocultural das Rañeiras.

O proxecto está valorado en 25.600 euros, que son cofinanciados con fondos municipais e da Xunta de Galicia, neste último caso a través do programa FEADER.

19 de abril de 2013 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.