Asomamos celebra a quinta edición do seu xantar anual en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMos
A-
A+

A asociación Asomamos organiza o seu V Xantar dos Maiores, Pensionistas e Xubilados, que se celebrará o domingo día 12 de maio no centro Multiusos de Mos, situado nas Pozas, parroquia de Petelos.

Durante o xantar haberá sorteos, realizaranse agasallos e un grupo musical animará a sobremesa. Os interesados en participar neste acto poden realizar as súas reservas dirixíndose ó propio local social do que dispón a asociación no Multiusos, chamando ós teléfonos 986 334 903 e 679 037 299, ou solicitándollo ós colaboradores que Asomamos ten en cada unha das dez parroquias mosenses.

26 de abril de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.