As Xornadas Literarias en torno a Thomas Mann rematan cun curso de alemán e cine
As XI Xornadas Literarias de Neda clausuraránse esta tarde tras tres días adicados á figura e obra do escritor Thomas Mann. Organizadas polo Concello de Neda en colaboración coa Facultade de Humanidades para conmemorar o Día Mundial do Libro, un ano máis a cidadanía está a responder á cita, enchendo o Salón de Actos do Campus de Esteiro primeiro e a Casa das Palmeiras ao día seguinte. A terceira e última xornada do certame arrancará esta tarde, ás 19,30 horas. Nela, a Asociación Galega de Xermanistas, representados en Silvia Aldrei e Alba Viñas, impartirán un curso básico de alemán, unha das actividades máis novidosas das xornadas.
A continuación, a tradutora e profesora da Facultade de Filoloxía da USC, Rosa Marta Gómez Pato, ofrecerá a conferencia “De viaxe con Thomas Mann”. E, de seguido, tomará o relevo José Manuel Sande, programador do CGAI e especialista en cine e literatura. A súa intervención leva por título “Anxos da morrte e demos: Thomas Mann e o cine”. Tras un turno para que o público asistente expoña a súa visión sobre os coloquios, procederáse á proxección do filme “Muerte en Ve-necia”, dirixido por Luccino Visconti.
Por último, a clausura das xornadas correrá a cargo do alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo.











