publicidade hoxe

As Xornadas de achegamento á agricultura ecolóxica, finalizan o seu primerio ciclo coa visita á adega da Corisca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Instante da charla

Instante da xornada de agricultura ecolóxica

Dende a Concellaría de Medio Ambiente tiveron lugar as Primeiras Xornadas de achegamento á Agricultura Ecolóxica que este sábado 27 terán o seu fin coa visita á finca da Corisca. Para poder participar na visita, poderase facer a través dunha preinscripción na páxina web do concello en www.salcedadecaselas.es antes do venres 26. O custe da actividade será de 2,5 € e os asistentes poderán formar parte da degustación de produtos ecolóxicos e dunha degustación do viño da Corisca.

A saída se fará ás 10:00 dende o Centro Cultural de Entenza, dende onde se partirá camiñando ata a Finca da Corisca e unha vez alí se procederá á visita da finca para coñecer o procedemento de producción de viño ecolóxico.

Con esta actividade marcarase aprimeira etapa de posta en contacto coa agricultura ecolóxica, que xa se iniciou o 8 de marzo coa I Charla-Coloquio: A alimentación saudable. A resposta da cidadanía ás charlas foi moi positiva sendo moi concurrida a asistencia a cada unha das charlas que se fixeron. A importancia de onde procede o que inxerimos é un tema que preocupa a moitos, xa que moitas das patoloxías que padecemos na actualidade poderían regularse cunha boa alimentación libre de pesticidas e de trasxénicos. Ademáis da importancia alimentaria, hai que agregarlle o equilibrio medioambiental na sustentabilidade dos ecosistemas que seconsiguen con
este tipo de cultivos.

Cándido Lorenzo, concelleiro de medioambiete, insiste en que, “O Concello ten o compromiso de instruir á cidadanía para mellorar a súa calidade de vida, e de mellorar o noso entorno. É moi importante que as persoas poidan decidir qué produtos demanda para comer, e que poida cultivar os seus propios produtos ecolóxicos sen fitocidas. O Concello na medida do posible continuará a realizar Xornadas de Producción Ecolóxica, coa finalidade de que a maior parte dos nosos veciños poidan realizar a unha producción máis ecolóxica, ademáis de poder proporcionarlles unha saída laboral, xa que na actualidade existe unha gran demanda deste tipo de produtos”.

23 de abril de 2013 | 16:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.